domingo, 30 de junio de 2013

GOTA A GOTA

Hoxe, xoves día 11 de novembro, os rapaces e rapazas de 5ºA e 5ºC participamos no programa Gotagotham,  proxecto educativo de Agbar acerca do ciclo natural e urbán da auga na planta potabilizadora da parroquia de Lérez, na que aprendemos, mediante xogos didácticos, o funcionamento do ciclo da agua. 


 Aquí tendes un enlace á páxina do programa.

EMBALSE DO PONTILLÓN DO CASTRO

                     Os medios de comunicación entiveron alí con nós e fixéronnos unhas reportaxes:

        LOCALIA   TV  PONTEVEDRA
    pincha no debuxo

AS ÁRBORES DO NOSO PATIO






ENTROIDO 2011 ROBIN HOOD

Os nenos e nenas de 5º, fomos disfrazados de ROBIN HOOD, recordando ao conto do mesmo nome que se desenvolve no bosque.
Gracias a todos os mestres, mestras e nais que nos axudaron a facer os traxes.

 

Visita á exposición: "O BOSQUE. MOITO MÁIS QUE MADEIRA"

        O alumnado de 5º visitou, o 10 de febreiro,a exposición titulada "O bosque. Moito máis que madeira", sita na Praza España de Pontevedra. Pon en valor a unha parte imprescindible das nosas vidas: O bosque, coincidindo además co ano internacional do bosque.
        Como se forma unha  árbore?. ¿Cantos anos ten?. ¿Por que son tan importantes as lombrigas?. A estas e outras moitas preguntas, trata de responder esta exposición. Ten como objectivo principa,l concienciar de que se os bosques desaparecen, a vida nesa zona é totalmente imposible e tamén desaparecerá. De aí, a importancia de coidar e conservar os nosos bosques.
        A triple carpa da exposición inclúe poemas de poetas galegos e españois que teñen un contido espiritual. Imaxes dos bosques dende o espacio, da árbore en si mesma, e a semente, con videos e mostras en tamaño real.
       Ademáis, existen unha serie de paneis nas que se mostran os animais que anidan en cada árbore, os animais que se alimentan do froito de cada árbore e os productos que se poden obter das árbores.

 

Visita ao CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS TORRES ARZOBISPAIS

O 10 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5º, visitamos CITA (o Centro de Interpretación das Torres Arzobispais) en Pontevedra. A visita aos restos do antigo Pazo Arzobispal, cuxa construcción  remóntase ao século XII, arranca na rampa de acceso ao interior do foso. O primeiro que un se atopa é unha maqueta da antiga edificación e varias pantallas táctiles con información sobor da historia da cidade e xogos pedagóxicos interactivos. Varias vitrinas mostran diferentes restos de moedas e cerámicas localizadas na mesma excavación da avenida de Santa María, na que se descubriron os restos da fortaleza arzobispal.
 
     O percorrido continúa cruzando unha pasarela que discorre entre o muro interior e exterior do foso, onde se poden contemplar vestixios da ponte levadiza que daba acceso ao pazo e varios proxectís de catapultas, atopados tamén na excavación.
     Ao final do pasadizo, a visita remata coa proxección dun audiovisual en tres dimensións, no que se recrea a Pontevedra medieval e as distintas etapas e episodios bélicos que viviron as Torres Arzobispais dende o século XII ata o seu derribo no século XIX.


O SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

O alumnado de 5º asistimos a un obradoiro de maxia no Pazo da Cultura, o día 17 de febreiro de 2011.






Demos unha volta polo Salón, vendo todos os traballos dos diferentes centros e o noso propio.



 

Saudounos a mascota do Salón do libro, O LOBO ORBIL, e sacamos unhas fotos con el.


 

Despedímonos plasmando os nosos nomes e algunha que outra pequena mentira.



 

Cristofer fixo os seus piniños coa maxia:




Sheila foi partícipe dun bo truco de maxia:


O alumnado de 5ºA e o de 1ºA LEN XUNTOS